"reva" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 34.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Individuo dun pobo celtibérico prerromano establecido cara ao final do s IV a C na alta conca do Douro. Entre as súas cidades destacaron Numantia (Garray), Termantia (preto de Montejo de Liceras), Clunia (Coruña do Conde), Segontia (Sigüenza), Uxama (Osma), Veluka (Calatañazor), Aregrada (Ágreda), Segobriga (Segovia) e outras aínda non localizadas. Os seus asentamentos adoitaban estar murados. Considerados como o grupo extremo dos vacceos, parece que os celtíberos xurdiron deles. A súa cultura, coñecida polos achados de Numancia, recibiu influencias ibéricas. O seu réxime socioeconómico era predominantemente gandeiro. Explotaron o ferro do Moncayo. O seu primeiro contacto documentado cos romanos produciuse arredor do 195 a C, cando Catón pretendeu o seu sometemento. A partir do 153 a C participaron na guerra celtíbera contra Roma, na que destacou o sitio e toma de Numancia (133 a C). Partidarios de Sertorio durante as guerras...
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Ávila, Castela e León, na confluencia do Adaja e do Arevalillo (7.375 h [1991]). Importante núcleo da arquitectura mudéxar, conta coa torre da Igrexa románica de San Martín, a ponte, os restos do Castelo (s XV), a Igrexa de Santa María e a Igrexa de La Lugareja (s XII).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Segunda fase da cultura de Kaminaljuyú (Guatemala), pertencente ás culturas arcaicas da América Central, e datada ao redor do ano 1200 a C. Semella que as súas plataformas e pirámides de pedra foron o antecedente da arquitectura monumental das grandes civilizacións americanas precolombianas.
-
PERSOEIRO
Poeta e novelista guatemalteco. Deuse a coñecer polas súas compilacións poéticas, adscritas ao Modernismo; emporiso, a súa obra máis destacable son os seus relatos ‘psicozoolóxicos’, influídos polo Surrealismo, como El trovador colombiano (1914). Tamén escribiu novelas de intención política como La oficina de Paz de Orolandia (1925) e El mundo de los Maharachias (1938).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Oficial da Mariña e xornalista. Foi colaborador en El Correo Gallego (Ferrol) e publicou unha colección de contos coñecida como Ocios de Camarote (1888).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e xornalista. Colaborou na prensa local ferrolá (El Correo Gallego e Diario Ferrolano) e americana; así mesmo, foi fundador dos semanarios ferroláns El Merlo e Ferrol Grotesco. En castelán escribiu as novelas Sorpresa amorosa (1902), Misterios del lupanar (1906) e El santiño (1911). Como dramaturgo escribiu a peza titulada Un viaje por Ferrol (1901) e propuxo unha renovación da escena na obra titulada El Hombre-Galicia. Poesía. Música. Pintura. Cantos. Declamación. Arte de nuestra Tierra (1912). Dentro da poesía destaca o seu poema en galego titulado “A carta do quintorro”.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sindicalista de orixe galega que participou activamente no obreirismo cubano, como dirixente da Federación Obrera Marítima Nacional, durante o período comprendido entre as dúas guerras mundiais. De ideario socialista moderado, fundou na Habana en 1923 o xornal Acción Socialista, dende onde combateu o influxo comunista e anarcosindicalista nos sindicatos, defendendo a efectividade dos organismos de conciliación e arbitraxe. En 1927 liderou a Federación Cubana del Trabajo, na liña da American Federation of Labour de Samuel Gompers, e afiliouna á Federación Sindical Internacional con sede en Amsterdam, de carácter reformista. Representando a devandita central sindical, viaxou en diversas ocasións a Xenebra para asistir como delegado ás conferencias promovidas pola Organización Internacional del Trabajo (OIT). Ademais de varios folletos sobre a problemática sindical cubana, publicou Por tierras de Galicia (A Habana, 1929) e Viajando; Impresiones de España y de Galicia...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político guatemalteco. Primeiro Presidente do seu país (1945-1950) durante o período revolucionario instaurado á caída do ditador J. Ubico (1944). Introduciu reformas democráticas e practicou unha política anticolonialista. Deixou un código penal e un proxecto de reforma agraria que o seu sucesor, Arbenz, levaría a cabo a partir de 1951. Autor, entre outras obras, de Guatemala: la democracia y el imperio (1954) e Anticomunismo en América Latina (1963).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Figo temperán que producen certas variedades de figueira en xuño ou xullo, máis grande e doce ca o que producen en agosto ou setembro. Pode consumirse fresco no verán ou deixar que seque para consumilo como figo paso durante o inverno.
-
Froita excesivamente madura ou en proceso de putrefacción.
-
-
PERSOEIRO
Político. Membro da Democracia Cristiana Guatemalteca (DCG), foi presidente de Guatemala entre 1986 e 1991. Iniciou conversas coa guerrilla, pero, ante a presión da extrema dereita e do exército, acabou por impoñer unha política represiva.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fenda na rocha, estreita e fonda, causada por un glaciar.
-
CAPITAIS
Capital de Armenia, na marxe esquerda do río Razdan (1.248.700 h [1995]). É un importante centro agrícola (horta e viña) e cultural. Tamén é un destacado núcleo industrial, principalmente na fabricación de produtos químicos, maquinaria, caucho e o sector téxtil. Fundada no s I, foi residencia dos reis persas desde o s XVI. En 1582 ocupárona os turcos e en 1603 os persas recuperárona. Cedida a Rusia polo Tratado de Turmançay (1828), recoñeceuse como capital da República Soviética de Armenia en 1920. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa Katoghike do s XIII, a fortaleza de Erebouni e o centro da cidade, reconstruído nas décadas dos anos vinte e trinta seguindo os modelos da arquitectura comunista e coa utilización de pedra de orixe volcánica.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Posto de sementais, especialmente o destinado ao garañón.
-
Espacio das pallozas destinado ao gando vacún.
-
-
CIDADES
Cidade de Serbia, Serbia e Montenegro, situada a 60 km ao SL de Belgrado e a 12 km do Danubio (45.597 h [2000]). É o centro dunha rica comarca agrícola e mercado de produtos do campo e de viños. Nela asinouse o tratado coñecido co nome alemán de Tratado de Passarowitz.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Levar algo á vitoria entre diferentes cousas concorrentes en competencia.
-
Destacar ou preponderar unha cousa sobre outra.
-
-
-
Acción de prevalecer.
-
Principio constitucional que comporta a preferencia de aplicación das normas de estado sobre as das comunidades autónomas, en caso de conflito, nas materias que non seguen a súa exclusiva competencia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Delito propio do que falta á obrigación do cargo que exerce, con desviación dos propios deberes profesionais. Clasifícase como extraxudicial, propio dos funcionarios públicos que deixan maliciosamente de castigar os delincuentes; cuasixudicial, avogados e procuradores que prexudican os seus clientes; e xudicial, do xuíz que a sabendas dita sentenza inxusta ou se nega a xulgar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen prevarica.
-
-
Faltar á obriga do cargo que se exerce por favorecer a alguén.
-
Cometer un funcionario público o delito de prevaricación.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á voz ‘pedra’.