"roel" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 31.
-
VER O DETALLE DO TERMO
proeiro
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da aeronáutica que estudia as deformacións producidas nos corpos que voan a gran velocidade como consecuencia da súa resposta ás forzas aerodinámicas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
aviónica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Polarización eléctrica espontánea de certos cristais iónicos, nos que a rede cristalina se ordena en dúas subredes coa polarización eléctrica en sentido contrario, de xeito que a polarización macroscópica é nula ou moi feble.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe orixinaria de Lugo. As súas armas levan, en campo de goles, un anaco de ouro con forma de cunca.
-
PERSOEIRO
Escultor belga. Traballou a pedra, o ferro, a chapa e a cera fundida. A súa obra é de carácter figurativo pero introduciu a deformación para amosar unha visión particular do mundo que o rodeaba. Entre as súas obras destaca A Lumumba (1961) e L’aviateur (O aviador, 1983), instalada no metro de Bruxelas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador. Licenciouse en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela (1954) e adquiriu o grao de doutor na Universidad Complutense de Madrid (1957). Foi profesor (1960) e catedrático (1965-2000) de Historia Moderna na Universidade de Santiago de Compostela e xestor da creación do Arquivo Histórico desta universidade (AHUS, 1969). Ao longo da súa carreira ocupouse do estudo da historia política do s XIX, da historia social, rural e económica, da demografía histórica e da historia institucional. Participou en diversos cursos, seminarios e conferencias nas universidades de Santiago, Extremadura, València, Barcelona, Coimbra, París VII, Xenebra e Belgrano de Bos Aires. Dende 1999 foi Cronista Xeral de Galicia e organizou diversos congresos e reunións, como os Coloquios Internacionais de Metodoloxía Histórica Aplicada (Universidade de Santiago, 1973, 1982, 1984 e 1989). Entre as súas monografías cómpre subliñar El partido demócrata español (1961), Estudios...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Elección ao Parlamento Europeo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produción dunha polarización eléctrica espontánea e reversible en determinados cristais ao se someter á acción dun campo eléctrico exterior. Entre as substancias onde o efecto é máis notable cómpre citar o titanato de bario e o sal de Rochelle, que presentan, ademais, histérese dieléctrica, cunha gráfica de forma semellante á das substancias ferromagnéticas. Esta propiedade ten aplicación na conversión directa de calor en electricidade.
-
-
Relativo ou pertencente á ferroelectricidade.
-
Aplícase á substancia que presenta ferroelectricidade.
-
-
-
Proliferación excesiva dos elementos fibrosos e elásticos.
-
Enfermidade conxénita de evolución mortal caracterizada por unha hipertrofia fibroelástica do endocardio, sobre todo do ventrículo, polo que queda reducida a capacidade do ventrículo e provoca unha insuficiencia restritiva.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa fundada en 1907, dedicada á produción e distribución de enerxía eléctrica. Foi a primeira empresa privada do sector.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enerxía eléctrica producida pola forza hidráulica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á produción de electricidade por medio da forza hidráulica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rudolf Agrícola.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da electrónica que trata do deseño, da produción e da aplicación dos dispositivos electrónicos de pequenas dimensións, en que os diversos compoñentes se dispoñen en gran densidade sobre unha plaqueta ou substrato grazas aos principios da integración. A microelectrónica permite construír aparatos de volume e peso reducidos e dunha gran fiabilidade. A evolución da microelectrónica foi favorable para que apareceran novos compoñentes e dispositivos electrónicos (díodos, transitores, fotoaxustadores, memorias e, sobre todo, microprocesadores) e polas novas tecnoloxías de fabricación de circuítos integrados. Destaca a técnica de integración a escala moi grande VLSI (Very Large Scale Integration), como mellora da LSI. Continúan a empregarse os tipos básicos de transistores: bipolares e MOS, estes últimos deron lugar aos CMOS, WMOS e VMOS, entre outros. Nos circuítos lóxicos, abandonáronse as tecnoloxías RTL e DTL e só se emprega a TTL, xunto con MOS ou CMOS, porque apareceron novas tecnoloxías,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Electricidade producida por efecto piroeléctrico.
-
-
Relativo ou pertencente á piroelectricidade.
-
Fenómeno característico de certos cristais que consiste na produción de cargas eléctricas ao estaren quentes ou fríos. É un fenómeno de polarización propio dos cristais hemiédricos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Poemario escrito por Luís Amado Carballo, o único publicado en vida polo autor, que apareceu na revista Alborada en 1927. Algúns dos seus textos xa se publicaran en revistas e xornais como La Concordia, Galiza, Nós e A Nosa Terra. Esta obra vangardista, marcada pola corrente hilozoísta ou imaxinista e próxima ao ultraísmo e ao creacionismo, tivo un extraordinario eco nalgúns poetas da posguerra. Nela represéntase unha paisaxe, a galega, en que se personifican os elementos naturais, e onde a presenza do popular é unha constante. A natureza, animada e cun gran colorido, presenta trazos moi espirituais, panteístas e franciscanistas, como se dun cadro pictórico se tratase; a saudade, o amor e a identidade dos galegos como pobo son algúns dos temas que acompañan a natureza nesta viaxe poética. En canto ao estilo, o poeta emprega metáforas, sinestesias e epítetos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cimóxeno segregado polo páncreas que se converte no enzima elastase no intestino delgado mediante a acción da tripsina.