Chu, Steven
Chu, Steven
Físico estadounidense. En 1970 iniciou a súa formación universitaria en Berkeley para trasladarse en 1978 ao Bells Lab como investigador, onde estudiou a transferencia de enerxía no rubí e a espectroscopía óptica do positrón. Dende 1987 traballa na University of Standford, onde compaxina a actividade docente coa investigadora. En 1997 outorgóuselle, xunto con C. Cohen-Tannoudji e W. D. Phillips, o Premio Nobel de Física polo desenvolvemento de métodos para arrefriar e atrapar átomos con láser.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Saint Louis