ciclamato

ciclamato

(< ciclámico + -ato ‘sal’)

s m [QUÍM]

Cada un dos sales do ácido ciclámico empregados como edulcorantes artificiais, en especial o sódico e o cálcico. Descuberto en 1937 por M. Sveda, trátase dunha substancia cristalina incolora, moi soluble en auga e trinta veces máis doce ca a sacarosa. Empregouse moito nas industrias alimentaria e farmacéutica, ata que se prohibiu o seu uso en 1969, ano dende o que se somete a un rigoroso control.