ciclantáceo -a
ciclantáceo -a
(< lat científico Cyclanthus,xénero de plantas + -áceo)
-
adx
Relativo ou pertencente á familia das ciclantáceas.
-
s
f
[PLANTA]
Planta da familia das ciclantáceas.
-
s
f pl
[PLANTA]
Única familia da orde das ciclantais, integrada por once xéneros e unhas 180 especies. Presentan aspecto de lianas ou de pequenas palmeiras de follas longamente pecioladas, con flores unisexuais dispostas alternativamente nunha espata simple e froitos bacciformes. Son plantas propias dos países intertropicais de América. Algunhas especies teñen interese por ser produtoras de látex, como a Cyclanthus bipartitus, ou polo uso das fibras foliares para elaborar tecidos, como a Carludovica palmata.