cíclico -ca
(< lat cyclĭcu < grκυκλικός ‘circular’)
-
adx
Relativo ou perencente ao ciclo.
-
adx
Que sucede en intervalos regulares.
Ex: Os profesores túrnanse grazas a un programa cíclico.
-
adx
[BOT]
Aplícase ás flores que presentan os órganos florais dispostos en verticilos.
-
adx
[LIT]
Aplícase a un poema e a un poeta que trata un ciclo épico completo.
-
adx
[MÚS]
Relativo á peza musical que contén o mesmo material temático en diferentes movementos. Son exemplo as obras instrumentais de César Franck (1822-1890).
-
adx
[QUÍM]
Aplícase aos compostos que teñen unha estrutura molecular que conta cun ou máis ciclos ou aneis. Os compostos cíclicos orgánicos poden estar integrados só por átomos de carbono (carbocíclicos) ou por cadeas con algún heteroátomo (heterocíclicos). Funcionalmente, distínguense os compostos cíclicos que se comportan de xeito semellante aos de cadea aberta e os compostos que posúen aromaticidade. Entre os compostos cíclicos inorgánicos destacan algúns anións poliméricos e os complexos metálicos con ligandos polidentados.