cíclido -da

cíclido -da
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos cíclidos.

  2. s m [ANIMAL/ICT]

    Peixe da familia dos cíclidos.

  3. s m pl [ANIMAL/ICT]

    Familia de peixes da orde dos perciformes que agrupa unha parte importante da fauna das augas doces tropicais. Comprende unhas seiscentas especies, orixinarias de América, Asia, India e Sri Lanka; algunhas delas son moi apreciadas como peixes de acuario. Son omnívoros ou herbívoros e viven en augas de vexetación abundante. Nalgúns lugares de África tropical apréciase a carne dalgunhas especies, como as do xénero Tilapia.

Palabras veciñas

ciclantal | ciclar | cíclico -ca | cíclido -da | ciclismo | ciclista | ciclita