ciclóstomo -ma

ciclóstomo -ma

(< ciclo- + grστόμα ‘boca’)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos ciclóstomos.

  2. s m [ANIMAL]

    Vertebrado do grupo dos ciclóstomos.

  3. s m pl [ANIMAL]

    Clase de vertebrados, da superclase dos agnatos, que comprende os seus membros máis antigos. Agrupa animais que conservan o notocordio durante toda a vida, desprovistos de mandíbulas e portadores só de aletas impares. O grupo inclúe numerosas formas fósiles que teñen a súa máxima expansión no Silúrico Superior e no Devónico Inferior. Os ciclóstomos actuais represéntanse por dúas formas parasitas, as lampreas e os mixinos.

Palabras veciñas

ciclosporina | ciclostilar | ciclostilo | ciclóstomo -ma | ciclotimia | ciclotímico -ca | ciclotrón