Cid Rumbao, Alfredo
Mestre e perito mercantil. Foi cronista oficial de Allariz dende 1949 e cronista oficial de Ourense dende 1979, posto no que sucedeu a Ramón Otero Pedrayo. Entre os anos 1948 e 1988 publicou numerosos traballos de investigación e divulgación histórica sobre Ourense en revistas especializadas e nos xornais La Región e Faro de Vigo. Colaborador do Boletín do Museo Arqueolóxico Provincial e da revista Posío Arte e Letras, publicou as monografías “Reseña histórica del castillo de Allariz” (1946), “La verdadera patria del Padre Feijóo” (1948), “Índice turístico de la provincia de Orense” (1961), “Allariz, villa y corte románica” (1962) e “Ourense, plano y callejero” (1969); e sacou do prelo os libros Guía turística da provincia de Ourense (1970), Crónica e guía do mosteiro de Oseira (1972), Crónica e guía do mosteiro de Montederramo (1974), Crónica e guía do mosteiro de Celanova (1976), Ourense, ruta e mantel (1976), Alfonso O Sabio e Ourense (1980), Historia de Allariz (1984), Crónica e guía da cidade de Ourense (1985) e Crónica e guía de Celanova (1989). Foi membro correspondente da Real Academia Galega.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Allariz -
Deceso
Lugar : Ourense