Cide

Cide
[ONOM]

Apelido que ten a súa orixe nun alcume procedente da voz árabe çid ‘señor’. O alcume comezou a empregarse como prenome, pois así o reflicten as documentacións medievais: “Citi Didaci” (doc ano 904 en M. Lucas Álvarez, El tumbo de San Julián de Samos (siglos VIII-XII), 1986, p 442). Posteriormente, pasaría a apelido: “Juan Cide” (doc ano 1300 en Emilio Duro Peña, El Monasterio de S. Pedro de Rocas y su colección documental, 1972, p 157). Adoita aparecer castelanizado como Cid.