Cieslak, Ryszard

Cieslak, Ryszard

Actor e director polaco. Rematou a súa formación teatral na Escola Superior de Teatro de Cracovia en 1961 e comezou a súa traxectoria profesional en 1962. Debutou no Teatro das Trece Filas de Opole, logo denominado Teatr Laboratorium, unha das compañías máis anovadoras da segunda metade do s XX creada e dirixida por Jerzy Grotowski. Despois dos primeiros espectáculos da compañía e logo de diversos cursos de formación e de mostras de traballo, Cieslak converteuse nunha especie de exemplificación do método de formación de Grotowski. Entre as súas interpretacións destacan as realizadas nos espectáculos O príncipe constante (1965), Apocalipsis cum figuris (1968) e Mahabharata (1985), de Peter Brook. Despois da disolución do Laboratorium, impartiu cursos por todo o mundo e dirixiu espectáculos en Italia, Dinamarca, España, Francia ou EE UU.

Cronoloxía

  • Nacemento

  • Deceso