Cigurro

Cigurro

Publicación en galego aparecida en Ourense en 1975 e promovida pola asociación cultural e deportiva Os Cigurros. Acollía as seccións “Feitos”, “Aniversario” e “Noticias”; informaba sobre música, teatro, cine e premios literarios, como o Premio Castelao que gañou o poema “Pranto de irmao a Castelao vivo e morto”, de Xavier R. Barrio; e incluía ilustracións e recensións sobre libros e colaboracións poéticas, como “Poema do alleado” ou “Poema íntimo”, de Manuel María.