Cília, Luís

Cília, Luís

Poeta e cantautor portugués. Iniciou a súa actividade musical en 1964 e foi o primeiro representante do chamado canto de intervenção, que denunciaba a falta de liberdade e a guerra colonial no Portugal dos anos setenta. Divulgador dos poetas máis importantes de Portugal, foi autor do tema Avante!, himno oficial do Partido Comunista portugués. Exiliado en Francia durante anos, colaborou con Paco Ibáñez en moitos recitais. Entre a súa discografía destaca Portugal-Angola: Chants de Lutte e Contra a Ideia da Violência, a Violência da Ideia.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Huambo