Cilleros
Cilleros
Municipio da provincia de Cáceres, Extremadura, nos contrafortes da serra de Gata, no límite con Portugal, drenado polo río Erjas (2.218 h [1996]). A economía baséase na agricultura (viña, oliveiras, árbores froiteiras) e na gandería lanar. A industria está representada por pequenas fábricas de materiais de construción.