Cimarosa, Domenico

Cimarosa, Domenico

Compositor. Foi organista da capela real de Nápoles, mestre de capela da corte de San Petersburgo (1787-1791) e Kapellmeister en Viena (1791-1793). Converteuse nun dos abandeirados da escola napolitana da ópera bufa e cultivou a ópera seria con obras de tema clásico. En Viena estreou a súa ópera máis famosa Il matrimonio segreto (1792). Da súa produción operística destaca Cajo Mario (1780), I due baroni (1783) e Gli Orazi ed i Curiazi (1796). Escribiu, ademais, oratorios, misas, cantatas, himnos e sonatas para teclado.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Aversa, Nápoles

  • Deceso

    Lugar : Venecia