cinabrio

cinabrio

(

s m [MINERAL]

Sulfuro de mercurio, de fórmula HgS. Cristaliza no sistema romboédrico, en cristais moi pequenos, de cor vermella. Ten dureza 2-2,5 e peso específico 8,09. Atópase en filóns, diseminado ou en masas irregulares. Explótase para a obtención de mercurio, entre outros nos greses de Almadén (Ciudad Real), nos EE UU, nos Urais, etc.

Palabras veciñas

cimprón -na | cin(e)- | cin(o)- | cinabrio | cinamato | cinámico -ca | cinamomo