cinamomo

cinamomo

(< lat cinnamōmu < grκιννάμωμον)

Nome científico: [Melia azedarach, Fam dasmeliáceas]
s m [PLANTA]

Árbore de ata 12 m de lonxitude, con follas caducas dispostas de xeito alterno que acadan os 90 cm de lonxitude, pinnadas con folíolos ovais de ata 5 cm de lonxitude; flores fragrantes e hermafroditas, de 5 pétalos agudos de cor branca, e 10 estames de cor lila soldados formando un tubo que dan lugar a un froito en drupa de ata 15 mm de diámetro. Orixinaria do sur e do leste de Asia, cultívase como ornamental na Península Ibérica, especialmente no sueste. En Galicia é unha especie de pouco uso debido a que non soporta as xeadas. As sementes empréganse para a confección de rosarios.

Palabras veciñas

cinabrio | cinamato | cinámico -ca | cinamomo | cinanestesia | cinasco | cinc