cinasco

cinasco
  1. s m

    Particula lixeira e incandescente que se desprende do lume por efecto do vento e outros factores, e que se converte en cinza de forma inmediata.

    Ex: O balcón estaba cheo de cinascos do incendio.

    Sinónimos: charamela, charamona, charamusca, charamuza, chareta, faísca, moxena, muchica, muxica.
  2. s m

    Parte moi pequena dunha cousa.

    Ex: O neno deixou o periódico en cinascos por toda a habitación.

    Sinónimos: anaco.
  3. s m

    Conxunto de fíos que se desprenden dunha tea.

    Ex: Levas colgando uns cinascos do pantalón.

    Sinónimos: fiaña, fiaño.

Frases feitas

  • Non deixar/quedar cinasco. Non deixar ou non quedar nada dalgunha cousa.

Palabras veciñas

cinámico -ca | cinamomo | cinanestesia | cinasco | cinc | Cinca | cincar