Cincinnato, Lucio Quinto

Cincinnato, Lucio Quinto

Patricio romano. Elixido cónsul no 460 a C, foi nomeado ditador no 458 a C para axudar o cónsul Municio na campaña contra os ecuos. No 438 a C foi de novo ditador, para combater os proxectos democráticos do patricio Espurio Melio.