cinco

cinco

(< lat v cinque < latquinque)

  1. cuant

    Catro máis un. Ex: Este neno ten cinco anos.

    Ex: Este neno ten cinco anos.

  2. adx

    Que nunha serie ocupa o quinto lugar. OBS: Nesta acepción adquire valor de ordinal e, polo tanto, equivale a quinto. Ex: Na lista ten o número cinco.

    Ex: Na lista ten o número cinco.

  3. s m

    Representación gráfica dese número. OBS: Na numeración arábiga represéntase por 5 e na romana por V. Ex: Fai ben ese cinco que non se entende o que puxeches.

    Ex: Fai ben ese cinco que non se entende o que puxeches.

  4. s m

    Cinco sinais ou figuras que indican ese número nun obxecto. Ex: Cerrou a partida de dominó cun cinco.

    Ex: Cerrou a partida de dominó cun cinco.

  5. s m

    Quinta hora despois das doce da noite ou do mediodía. Ex: Teño que ir ao médico ás cinco da tarde.

    Ex: Teño que ir ao médico ás cinco da tarde.

Frases feitas

  • Dicirlle a alguén cántas son cinco. Recriminalo.