Cinco Rúas, cruceiro das

Cinco Rúas, cruceiro das

Situado en Pontevedra na praza Roxelio Lois, tamén chamada das Cinco Rúas, por onde pasa o Camiño de Santiago Portugués. Trátase dun cruceiro e dun peto de ánimas datados en 1733, segundo reza a inscrición situada no fuste. A súa construción debeuse á doazón que fixeron Antonio Gomes e Leonia Domínguez por motivos probablemente devocionais. Nel mestúrase a súa función como esmoleiro, hoxe desaparecida, a decoración tradicional dos petos de ánimas, a imaxinería relativa ao pecado orixinal, nunha escena de Adán e Eva na parte baixa do fuste, e a representación de símbolos que fan referencia á paixón de Cristo. A cruz que se erixe sobre o capitel decórase cunha figura de Cristo e con outra da Virxe acompañada de dous anxos.

Palabras veciñas

Cinclus | cinco | Cinco Nacións, Torneo das | Cinco Rúas, cruceiro das | Cinco, Grupo dos | Cinco-Lazos | cincocentismo