cincocentos -tas
cincocentos -tas
(< cinco + cento)
-
cuant
Cinco veces cen.
Ex: Cincocentas pesetas non me chegan para ir ó cine.
Sinónimos: quiñentos. -
adx
Que nunha serie ocupa o lugar cincocentésimo. OBS: Nesta acepción adquire valor de ordinal e, polo tanto, equivale a cincocentésimo.
Ex: Chegou no posto cincocentos e xa non levou premio.
Sinónimos: quiñentos. -
s
m
Representación gráfica dese número. OBS: Na numeración arábiga represéntase por 500 e na romana por D.
Ex: O caixeiro non lía ben o cincocentos que estaba escrito no cheque.
Sinónimos: quiñentos.