Cincocentos, Consello dos

Cincocentos, Consello dos
[POLÍT/HIST]

Asemblea que, xunto co Consello dos Anciáns (250 membros), formaba o corpo lexislativo do Directorio (1795-1799). Estaba composta por 500 membros de máis de trinta anos, elixidos por tres anos. Creado en 1795, foi disolto por Napoleón Bonaparte.

Palabras veciñas

cincocentismo | cincocentista | cincocentos -tas | Cincocentos, Consello dos | cincocentosavo -va | cincoenrama | cincografía