cinecromo

cinecromo

(

s m [TECNOL]

Procedemento cinematográfico para colorear imaxes ideado polo fotógrafo pontevedrés Juan Enrique Barreiro Vázquez en 1924. Consistía en utilizar dúas cores, o carmín e o azul verdoso, que substituían ao vermello alaranxado e o amarelo verdoso, co que se daba así un colorido máis natural e menos agresivo á vista ca os anteriores. Este avance foi moi ben recibido pola crítica e polo público da época.

Palabras veciñas

cineasta | cineclub | cineclubismo | cinecromo | cinefilia | cinéfilo -la | cinefórum