Cintra, Luís Filipe Lindley
Filólogo. Profesor de Lingüística e Literatura Medieval na Universidade de Lisboa. Reformou o Centro de Estudios Filológicos, coñecido a partir de 1975 como Centro de Lingüística da Universidade de Lisboa. Investigou nas áreas de literatura medieval, lingüística románica, dialectoloxía e xeografía actual do portugués. Dedicouse á edición de textos, á historia da cultura medieval e á historia xeral da lingua. Como medievalista especializouse no estudo da historiografía de raíz afonsina e elaborou a edición crítica da Crónica Geral de Espanha de 1344 (1951), baixo a orientación de Ramón Menéndez Pidal, realizada polo conde de Barcelos, para a que empregou como fonte inmediata unha versión galego-portuguesa da Crónica General. Con respecto á materia medieval non-literaria, estudiou desde unha perspectiva lingüística os foros galego-leoneses de Castelo Rodrigo e os documentos galego-portugueses do s XIII, especialmente a Noticia de Torto, e das chancelerías de Afonso III e Don Dinís.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Lisboa -
Deceso