Circle
Circle
Manifesto construtivista publicado en Londres en 1937 subtitulado “International Survey of Construtive Art” (Perspectiva internacional da arte construtiva). Foi redactado por Leslie Martin, Ben Nicholson e Naum Gabo. Ideado como un almanaque, Naum Gabo escribiu o editorial titulado “The Construtive Idea in Art” (A idea construtiva na arte). Contén textos, entre outros, de Piet Mondrian, Moholy-Nagy, Hepworth e Le Corbusier, e ilustracións de Malevich, Lissitzky e Pevsner, entre outros.