circuíto

circuíto

(

    1. s m

      Itinerario, xeralmente fixado de antemán, que volve ao punto de saída. Ex: A visita guiada fai un circuíto pola zona vella da cidade.

      Ex: A visita guiada fai un circuíto pola zona vella da cidade.

    2. s m [DEP]

      Traxecto cuns límites onde se disputa unha carreira deportiva (de automobilismo, de atletismo, de ciclismo, de equitación ou doutros deportes), xeralmente pechado e a miúdo construído expresamente.

    3. circuíto de espera [AERON]

      Traxectoria que efectúa unha aeronave a unha altura constante enriba dun aeroporto mentres espera ter unha pista libre para aterrar.

  1. s m

    Distancia que se necesita percorrer para dar a volta a algún lugar ou a algunha cousa. Ex: Se queremos rodear toda a montaña e estar de volta antes da noite debemos proxectar un circuíto máis curto.

    Ex: Se queremos rodear toda a montaña e estar de volta antes da noite debemos proxectar un circuíto máis curto.

  2. [FIacuteS/TECNOL]
    1. circuíto integrado

      Dispositivo electrónico que consiste nun conxunto de elementos conectados permanentemente e que forman un determinado circuíto miniaturizado, capaz de desenvolver as mesmas funcións ca un circuíto electrónico convencional. Nun circuíto integrado, os compoñentes activos (transistores, etc) e os pasivos (resistencias, condensadores, etc) están integrados dentro dun mesmo elemento ou soporte, chamado substrato, xeralmente de silicio. Os compostos dos grupos III-V (arseniuro de galio, fosfuro de galio, etc) empréganse en circuítos de alta velocidade e optoelectrónica. Nalgúns casos empréganse tamén substratos illantes como o zafiro. Segundo o proceso de fabricación, hai diferentes tipos de circuítos integrados. Os circuítos monolíticos fabrícanse de maneira que todos os elementos se forman sobre un substrato e as diversas zonas se someten a diferentes procesos de difusión ou de implantación iónica de substancias dopadoras. Os circuítos integrados híbridos fabrícanse ao unir diversos compoñentes, elaborados separadamente, sobre un substrato pasivo, xeralmente de material cerámico. Os circuítos integrados deron lugar á microelectrónica. As diferentes escalas de integración foron aumentando desde a pequena (SSI), mediana (MSI), grande (LSI), ata chegar á VLSI. Os circuítos integrados poden ser analóxicos ou lineais, ou ben dixitais. Entre os analóxicos hai unha gran variedade de amplificadores operacionais, xeradores de funcións e, dentro dos circuítos de gran consumo, diversos compoñentes para audio, radio, televisión, etc. Entre os circuítos dixitais cómpre salientar os microprocesadores, os circuítos lóxicos, os contadores, as básculas, os rexistros (de desprazamento, FIFO, LIFO, etc) e as memorias (RAM, ROM, EPROM, EEPROM, REPROM, etc).

    2. circuíto lóxico

      Dispositivo electrónico que efectúa unha determinada operación lóxica. Pode ser un circuíto electrónico discreto, aínda que actualmente son integrados. Os circuítos lóxicos son os elementos básicos dos sistemas automáticos de conmutación, combinatorios ou ben secuenciais. Un circuíto lóxico posúe diversas entradas e unha saída que dá o resultado da operación efectuada cos sinais aplicados ás entradas. Os sinais, codificados de forma binaria (con valores 0, 1) atribúense convencionalmente a dous niveis de tensión. As funcións lóxicas básicas son: NOT correspondente á negación, OR correspondente á reunión, AND correspondente á intersección, e as funcións complementarias NOR e NAND. Un circuíto que realiza unha destas funcións chámase porta lóxica. Coa combinación de portas lóxicas conséguense os circuítos combinatorios, nos que o sinal de saída soamente depende do valor das entradas. Nos circuítos secuenciais, a saída depende, ademais, do valor que tiña nun instante anterior. Segundo a tecnoloxía empregada, hai lóxicas de tipo bipolar como a RTL e a DTL, hoxe abandonadas, e a TTL, unha das máis empregadas ata hai pouco; a ECL permite unha alta densidade de integración. As familias lóxicas unipolares acabaron por desprazar as bipolares, en especial a MOS, grazas ao baixísimo consumo de potencia. As familias lóxicas que empregan os dispositivos MESFET son adecuadas para aplicacións de moi alta frecuencia (>10 GHz).

    3. circuíto magnético

      Conxunto de medios que forman un circuíto pechado e nos que pode existir un fluxo magnético no seu interior. Unha parte importante dun circuíto magnético adoita estar constituída por unha substancia ferromagnética, e en moitos casos por entreferros. O comportamento dun circuíto magnético vén dado pola lei de Hopkinson.

    4. circuíto oscilante

      Circuíto que posúe unha indutancia L e unha capacidade C determinadas, e unha resistencia R moi pequena, capaz de producir oscilacións eléctricas a unha frecuencia que depende dos valores de R, L e C. Esta frecuencia vén dada pola fórmula


      FORMULA


      e é aproximadamente igual á da resonancia f 0 cando R é pequena.

    5. circuíto resoante

      Circuíto formado por unha bobina de indutancia L, un condensador de capacidade C e unha resistencia R, capaz de entrar en resonancia a unha frecuencia determinada que depende dos valores R, L, C e do tipo de circuíto. No caso dun circuíto serie, a frecuencia de resonancia vén dada pola fórmula de Thomson:


      FORMULA2


      Nesta frecuencia a impedancia é mínima: hai resonancia de tensión. No caso dun circuíto paralelo, chamado tamén antirresoante, a frecuencia de resonancia f0 vale exactamente f0 se L e C non teñen perdas, pero é lixeiramente distinta en caso contrario; na frecuencia f0 a impedancia é máxima: hai resonancia de corrente ou antirresonancia.

    6. circuíto sintonizado

      Circuíto resoante deseñado para recibir un sinal de frecuencia igual ao da resonancia propia. É, xa que logo, un circuíto selectivo, que soamente deixa pasar a frecuencia correspondente ao sinal aplicado, ou máis exactamente, unha banda moi estreita centrada nesta frecuencia; a amplitude desta banda define a selectividade do circuíto e depende do amortecemento.

    7. s m

      Conxunto de elementos, condutores, xeradores, etc, polos que pode circular unha corrente el¨¦ctrica. F¨¢lase de circu¨ªto aberto ou pechado cando presenta ou non unha interrupci¨®n ¨® paso da corrente. Os circu¨ªtos el¨¦ctricos reciben diversos nomes segundo a s¨²a configuraci¨®n (circu¨ªtos en T, en ¦°, en D, en ¦Ë, en zigzag, etc), segundo o tipo de corrente (alterna, continua) ou segundo a forma de asociaci¨®n entre dous ou m¨¢is circu¨ªtos (en serie, en paralelo, etc).

    8. circuíto equivalente

      Circuíto que resulta da substitución dunha máquina, dun aparello, dun dispositivo, etc, eléctrico ou electrónico, por un circuíto simplificado que representa un comportamento semellante e máis sinxelo de analizar.

    9. circuíto impreso

      Placa illante que lles serve de soporte aos compoñentes electrónicos e na que hai depositada unha capa fina de material condutor de maneira que efectúa as interconexións necesarias entre os compoñentes, e, dese xeito, substitúe o cableado convencional. Nos circuítos sinxelos, os únicos empregados inicialmente, pártese dunha placa illante sobre a que están as pistas condutoras. A placa ten uns buratos para a inserción dos compoñentes, que están fixados mediante soldadura. O debuxo das pistas condutoras adoita realizarse por procedementos serigráficos ou fotográficos, que admiten unha grande automatización. Por convenio internacional, todos os buratos dun circuíto impreso teñen que corresponder a vértices dunha cuadrícula cun paso ou separación de 2,54 mm. Nos circuítos impresos multicapa hai diversas capas condutoras, separadas por capas de dieléctrico. A tecnoloxía de montaxe superficial (SMT) consiste en suprimir os buratos e soldar os compoñentes directamente á superficie da placa.

  3. [INFORM]
    1. s m

      Medio de transmisión entre dúas estacións terminais que pode operar nos dous sentidos para a transmisión de datos.

    2. circuíto dúplex

      Circuíto que permite a transmisión nos dous sentidos simultaneamente.

    3. circuíto semidúplex

      Circuíto dúplex que se constrinxe ao operar como un simple por mor dalgunha característica da estación terminal.

    4. circuíto símplex

      Circuíto que permite a transmisión soamente nun sentido.

  4. [TECNOL]
    1. circuíto de mando

      Conxunto de dispositivos electrónicos, hidráulicos ou pneumáticos, que nun sistema automatizado se encargan de activar, no momento e na forma adecuados, os elementos de saída que levan a cabo o proceso. No campo da cibernética, o circuíto de mando toma datos co programa establecido e fai el mesmo as correccións necesarias.

    2. circuíto pneumático

      Sistema de condutos, cos seus accesorios, destinado a producir un movemento mediante un fluxo de aire. Ten certas similitudes cun circuíto hidráulico, pero non é apto para transmitir potencia; pola contra, pode ser máis rápido e económico.

  5. circuíto hidráulico [ENX]

    Sistema de condutos e accesorios destinados a conducir a enerxía por medio dun líquido. Cun sistema hidráulico conséguese maior axilidade na transmisión do movemento e menos perdas por fricción que nun sistema mecánico equivalente.

  6. circuíto pechado [COMUN]

    Sistema de transmisión de imaxes de televisión no que a cámara de toma de vistas está conectada ao receptor mediante un cable coaxial. Emprégase para a vixilancia de trens, circulación nas estradas e autoestradas, aeroportos, procesos de fabricación, etc.