Cis
Cis
Publicación en galego que xurdiu na Coruña en 1968. Os cinco ou seis números que se editaron subtituláronse “Cuaderno Informativo Socialista”. Un exemplo da temática propia de Cis encóntrase no terceiro número, que trata, por un lado, o conflito da Peninsular Maderera, e polo outro, o consello de guerra que se levou a cabo en Burgos contra dezaseis terroristas.