CISC
O Ordenador con Xogo de Instrucións Complexas é unha arquitectura de CPU baseada nun conxunto de instrucións nunha linguaxe ensambladora. Teñen entre 200 e 300 instrucións gravadas en microcódigo. Estas estruturas forman parte dos ordenadores tradicionais, que pretenden almacenar moitas instrucións en chips moi pequenos e por iso faise necesario realizar moitos accesos á memoria pola gran cantidade de instrucións. Os procesadores da serie x86 e Pentium nos PC son do tipo CISC e o mesmo sucede cos da serie 6.800 nas plataformas Macintosh ou Amiga. A alternativa á arquitectura CISC denomínase RISC (Reduced Instrution Set Computer), e nela as instrucións de linguaxe máquina que empregan os ordenadores son simples, de maneira que realizan unha soa operación. A diferenza dos CISC, un procesador RISC pode executar varias instrucións ao mesmo tempo.