cista

cista
  1. s f [ARQUEOL]

    Cofre de bronce empregado na Antigüidade clásica para realizar ofrendas.

  2. s f [ARQUEOL]

    Anta de planta rectangular, formada por chantas dispostas verticalmente e cubertas con laxes horizontais, que lle dan forma de cofre. Apareceron cara ao final do Megalitismo e tanto os seus enxovais como a súa estrutura amosan indicios dunha evolución cara ao enterramento individual. As mostras máis significativas son os túmulos 229 de Veiga dos Mouros e 245 de Veiga de Vilavella, nas Pontes de García Rodríguez, e a de Atios, no Porriño.

Palabras veciñas

cisquero | Cissa | cist(i/o)- | cista | cistáceo -a | Cistecephalus | cisteína