Cistercium

Cistercium

Publicación de temática relixiosa que se editou no mosteiro de Oseira entre 1949 e 1951. Os monxes cistercienses encargáronse da súa dirección e redacción. Contén as seccións “Efemérides”, “Flores del Císter”, “Bibliografía” e “Necrología” e está ilustrada con fotografías dos membros da orde. Considérase a sucesora da revista La Voz del Císter, que editou a mesma orde entre 1928 e 1936. Distribuíase por todos os mosteiros cistercienses de España.