Cita 12
Cita 12
Publicación subtitulada “Periódico mensual de los días 12”, editada pola asociación Pilarista Compostelana dende 1994. Coordinada por Marián Touceda, contou coas colaboracións de Filgueira Valverde, J. Polo Carrasco, Mario Clavell, J. M. Díaz, Francisco J. Marchó Bach, Emilio Rodríguez Sánchez, Elías Yanes e Otilia Seijas. Intercalaba publicidade con artigos vinculados ás preocupacións da sociedade actual baixo o prisma da relixión ou traballos sobre temas propiamente relixiosos.