Clark, John Bates

Clark, John Bates

Economista norteamericano. Participou na fundación da American Economic Association en 1885 e foi o seu presidente entre 1893 e 1895. Destacou pola elaboración da súa teoría do marxinalismo, por medio da que tentou resolver a distribución da renda partindo da base (os donos dos medios de produción, o traballo, o capital e a terra). Separou a teoría económica en estática e dinámica e refutou as teorías marxistas, xa que coa súa nova formulación cría resoltos os problemas da distribución presentados polos clásicos. Foi editor da publicación trimestral Political Science (1895-1911). Na súa obra Philosophy of Wealth (Filosofía da riqueza, 1886) afirmou que o home estaba máis motivado pola sociedade ca polos seus intereses persoais. Publicou, ademais, The Distribution of Wealth (Distribución da riqueza, 1899) e A Tender of Peace (Unha proposición de paz, 1935).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Providence, Rhode Island

  • Deceso

    Lugar : Nova York