Clark, Lygia

Clark, Lygia

Pintora e escultora brasileira. Estudiou en París (1950-1954) con Arpad Szènes e Fernand Léger. De regreso a Brasil pertenceu ao grupo Frente, ligado á arte concreta. Participou na I Exposição Nacional de Arte Concreta (1957) e asinou o Manifesto Neoconcreto (1959). A partir de 1959 iniciou con Bichos unha serie de esculturas metálicas móbiles que podían ser manipuladas polo espectador. Durante a década de 1960 realizou numerosos happenings. Regresou a París (1970-1975) e foi profesora na Sorbonne. A súa última etapa caracterizouse polo emprego da arte con fins terapéuticas. Na serie O home experimentou sobre o corpo humano como un espazo arquitectónico próximo ao construtivismo. Representou a Brasil nas bienais de Venecia de 1960, 1962 e 1968.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Belo Horizonte

  • Deceso

    Lugar : Rio de Janeiro