Clark, Mark Wayne

Clark, Mark Wayne

Xeneral. Foi xefe do estado maior adxunto do xeneral Marshall (1939) e, como comandante en xefe do xeneral Dwight D. Eisenhower, foi a Alxeria en segredo para preparar o desembarco aliado no N de África (1942). Estivo á fronte da invasión de Italia; a súa entrada en Roma o 4 de xuño de 1944 foi decisiva para a caída de Alemaña en 1945. De 1952 a 1953 foi comandante en xefe das tropas da ONU na Guerra de Corea. Publicou Calculated Risk (Risco calculado, 1950) e From the Danube to the Yalu (Desde o Danubio ata o Yalu, 1954).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Madison Barracks, Nova York

  • Deceso

    Lugar : Charleston, Carolina do Sur