Clarke, Frank Wigglesworth
Clarke, Frank Wigglesworth
Xeofísico e xeoquímico norteamericano. Investigou a distribución cuantitativa dos elementos químicos na litosfera e a composición química dos silicatos. As súas obras fundamentais son Data of Geochemistry (Datos da xeoquímica, 1912) e The composition of the Earth’s Crust (A composición da codia terrestre, 1924), en colaboración con H. S. Washington.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Boston -
Deceso
Lugar : Washington