claro -ra

claro -ra

(

  1. adx
    1. Que ten ou recibe moita luz.

      Ex: O piso que aluguei é moi claro, ten unhas grandes fiestras por onde entra a luz.

    2. Que non ten nubes.

      Ex: O día era moi claro, así que puidemos ir ata a praia. O claro ceo animaba a saír da casa. O tempo claro acompañou as festas.

  2. adx

    Que tira máis ao branco ou que é pouco intenso.

    Ex: O mar ten hoxe unha cor verde clara propia desta época estival. O ton claro deste tecido non é adecuado para facer o disfrace.

  3. adx

    Que non ten sucidade ou impurezas.

    Ex: Dá gusto bañarse nestas augas tan claras!

    Sinónimos: transparente.
  4. adx

    Que non é moi tupido e deixa pasar a luz. Ex: O tecido era tan claro que parecía que non levaba nada.

    Ex: O tecido era tan claro que parecía que non levaba nada.

  5. adx

    Pouco espeso. Ex: Tráeme un chocolate claro, por favor!

    Ex: Tráeme un chocolate claro, por favor!

  6. adx
    1. Que se percibe ou distingue perfectamente.

      Ex: A foto non era moi clara e escollín outra.

    2. Que se comprende sen confusión nin dúbida. Ex: O documento é moi claro e non deixa lugar a dúbidas. A explicación do profesor foi moi clara e ninguén fixo preguntas.

      Ex: O documento é moi claro e non deixa lugar a dúbidas. A explicación do profesor foi moi clara e ninguén fixo preguntas.

    3. Que se explica con sinxeleza e claridade. Ex: En matemáticas non teño problemas, o profesor é moi claro.

      Ex: En matemáticas non teño problemas, o profesor é moi claro.

    4. Que non ofrece dúbidas.

      Ex: A alocución foi unha clara reivindicación feminista.

      Sinónimos: indubidable, palpable, patente.
  7. adx

    Que ten capacidade para pensar con cordura e presentar as cousas dunha maneira exacta e precisa. Ex: A súa cabeza é máis clara ca todas as nosas xuntas. A súa clara intelixencia sempre nos axudou a comprender mellor as cousas.

    Ex: A súa cabeza é máis clara ca todas as nosas xuntas. A súa clara intelixencia sempre nos axudou a comprender mellor as cousas.

  8. adx

    Que se expresa con sinceridade, sen ocultar o que pensa.

    Ex: É un home moi claro, sempre chama as cousas polo seu nome.

  9. adx [MAR]
    1. Que se pode manobrar porque todo está en orde e perfectamente preparado.

    2. Aplícase ao cabo ou veta que non está enredado con ningún outro.

    3. Aplícase á áncora que sae á superficie.

    1. adx

      Aplícase ao son que é distintamente perceptible, non acompañado de ruídos que o farían xordo ou confuso. Ex: Ten unha voz ben clara, moi axeitada para ser locutor de radio.

      Ex: Ten unha voz ben clara, moi axeitada para ser locutor de radio.

    2. vocal clara [LING]

      Efecto auditivo, que se disitingue na fonética tradicional, das realizacións vocálicas deslabializadas e anteriores, como son [i], [e] e [ɛ], por oposición ás realizacións labializadas e posteriores ([ɔ], [o], [u]), denominadas fuscas, escuras e mesmo xordas.

  10. s m
    1. Espacio baleiro entre un conxunto de cousas. Ex: Bota o resto das mazarocas naquel claro que quedou alí, no curruncho do canastro.

      Ex: Bota o resto das mazarocas naquel claro que quedou alí, no curruncho do canastro.

    2. Espacio sen árbores nun bosque.

      Ex: Se non chega a ser polo claro que hai na fraga o incendio alcanzaría maiores proporcións.

      Sinónimos: clareeira. Confrontacións: descampado.
    3. Cada un dos espacios do hórreo que van de pé a pé e que serven para calibrar a capacidade e lonxitude da cámara-celeiro.

  11. s m [ARQUIT]

    Ventá que dá luz a un edificio.

  12. s m [PINT]

    Parte do lenzo que ten tons claros, pouco intensos, ou que ten luz propia.

  13. s m

    Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘día’.

  14. adv

    Sen que cause dúbidas. Ex: Fala claro dunha vez e déixate de rodeos!

    Ex: Fala claro dunha vez e déixate de rodeos!

  15. interx

    Exclamación que indica afirmación. Ex: Claro, home, claro! A vida éche un camiño de rosas e espiñas.

    Ex: Claro, home, claro! A vida éche un camiño de rosas e espiñas.