clásico -ca

clásico -ca

(< lat classĭcu‘relativo á clase alta da sociedade’)

    1. adx e s

      Aplícase ao autor ou á obra que é representativo do seu xénero e que se ten como modelo digno de imitación nalgunha arte. O termo xurdiu da concepción perfeccionista da obra de arte, na medida en que esta se axustaba a unha estrutura modélica, expresada principalmente pola arte grecolatina e polas súas sucesivas valoracións posteriores. Ex: A Iliada e a Odisea considéranse dúas obras clásicas da historia da literatura. Longa noite de pedra é un clásico da literatura galega.

      Ex: A Iliada e a Odisea considéranse dúas obras clásicas da historia da literatura. Longa noite de pedra é un clásico da literatura galega.

    2. adx e s

      Relativo ou pertencente ao período e a época de maior apoxeo dunha arte. Na maioría dos países occidentais sitúase no s XVII e parte do XVIII. Ex: Quevedo forma parte dun período clásico da literatura española.

      Ex: Quevedo forma parte dun período clásico da literatura española.

    3. adx e s

      Relativo ou pertencente á antigüidade grega (especialmente ao século de Pericles) e latina (principalmente ao século de Virxilio) e á súa produción artística, sobre todo a aqueles períodos nos que se produciron as mellores obras. Ex: Segue o patrón clásico de escultores como Fidias.

      Ex: Segue o patrón clásico de escultores como Fidias.

    4. adx

      Aplícase á música elaborada e escrita de xeito técnico, por oposición á música folclórica, á música de improvisación e á música lixeira. Ex: Se me dan a escoller, prefiro a música clásica ca a música folk.

      Ex: Se me dan a escoller, prefiro a música clásica ca a música folk.

    5. adx e s

      Que segue os modelos ou as regras da literatura e as artes clásicas.

  1. adx

    Que segue uns canons ou unhas normas establecidas. Ex: A decoración do local era moi clásica. A rapaza viste con roupa moderna e non quere saber nada da clásica.

    Ex: A decoración do local era moi clásica. A rapaza viste con roupa moderna e non quere saber nada da clásica.

  2. adx

    Típico ou habitual en alguén ou nalgunha cousa. Ex: Tivo a clásica arroutada dos rapaces aos que non lles dás lambonadas. Decoraron a vila coas clásicas bandeirolas.

    Ex: Tivo a clásica arroutada dos rapaces aos que non lles dás lambonadas. Decoraron a vila coas clásicas bandeirolas.

  3. arte clásica

    Na arte grega, a comprendida dende a metade do s V a C ata o 323 a C, data da morte de Alexandre o Grande.

  4. escola clásica [ECON]

    Grupo de autores que configuran o eixe do pensamento clásico en economía, que se inicia coa publicación, en 1776, da obra de Adam Smith A riqueza das nacións. Con Smith, son autores principais desta escola Thomas Robert Malthus e David Ricardo. Xurdiu como reacción á Escola Mercantilista e tivo o seu apoxeo entre 1800 e 1850. A súa socioloxía baseouse no utilitarismo: crían que os individuos, movidos por instintos egoístas, triunfarían na obtención do que que constitúe o interese da comunidade. Adam Smith universalizou o principio do laissez faire dos fisiócratas, que se traduciu na práctica nunha loita contra as regulamentacións mercantilistas que asfixiaban o nacente capitalismo industrial. A achega máis importante dos clásicos foi a elaboración dunha teoría do valor-traballo que, iniciada como intento de explicación da formación dos valores de cambio dos bens, permitiulles unha comprensión global do sistema, que se verá culminada con Karl Marx. Perciben a distribución como froito da apropiación da terra, da acumulación do capital e dunha división da sociedade en clases. Para os membros desta escola, os recursos económicos dedicados a retribuír o traballo constitúen o fondo de salarios e o axuste da oferta de man de obra á demanda depende dos cambios na fecundidade e da mortalidade infantil na clase traballadora. Consideran o beneficio como a retribución do capital e o estímulo para a acumulación e o progreso económico. Nas relacións da economía co exterior, os clásicos foron partidarios do comercio libre, e opinaban que o comercio entre dúas nacións sería beneficioso para ambas as dúas partes. Adam Smith creu que así sería, sempre que houbese diferencias nos custos absolutos de produción das mercadorías intercambiadas polos dous países. David Ricardo elaborou a teoría das diferencias nos custos comparativos.

  5. lugar clásico [BIOL]

    Localidade de onde procede o exemplar tipo dun taxon.

Palabras veciñas

clasema | clasicismo | clasicista | clásico -ca | clasificable | clasificación | clasificado -da