Claudio Marcelo, Marco

Claudio Marcelo, Marco

Xeneral e político romano. Neto de Marco Claudio Marcelo. Exerceu como pretor en Hispania no 169 a C e foi nomeado cónsul no 166 a C e no 155 a C. No terceiro consulado (152 a C) ocupouse da sublevación celtibera de Hispania, onde buscou o diálogo. A intolerancia do Senado romano, dirixido polos Escipións, obrigouno ao enfrontamento. Despois de sitiar Numancia, acadou un tratado de paz cos pobos celtiberos e fundou a colonia romana de Corduba.