Clausius, ecuación de
Clausius, ecuación de
[FÍS]
Ecuación de estado dos gases. É unha corrección da ecuación de Van der Waals: [P+(n2a/T(V+c2))](V-b)=RT, onde P, V e T son a presión, o volume e a temperatura do gas, n é o número de moles, R é a constante dos gases perfectos, a é un parámetro que depende da temperatura, b é unha constante e c é función de a e b.