Clausius, Rudolf Julius Emmanuel

Clausius, Rudolf Julius Emmanuel

Físico teórico alemán. Educado en Berlín e en Halle, chegou a ser profesor de física daquela universidade en 1850 e, posteriormente, exerceu en Zúric, Würzburg e Bonn. Pioneiro da termodinámica, enunciou, por primeira vez, en 1850, o segundo principio baixo a forma da lei da imposibilidade do paso espontáneo da calor dun corpo frío a un quente e, en 1865, expuxo o mesmo fenómeno mediante a noción de entropía, concepto introducido por el mesmo. Traballou tamén no estudo da capacidade calorífica e na teoría cinética dos gases.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Köslin, actual Koszalin, Pomerania

  • Deceso

    Lugar : Bonn