Clemente, Francesco
Pintor. En 1970 trasladouse a Roma e frecuentou a facultade de Arquitectura. Viviu en Roma e Madras ata que se instalou en Nova York en 1981. Inicialmente inscrito na arte conceptual, ao comezo dos anos oitenta formou parte da transvangarda italiana. Realizou escenas visionarias e evocadoras, a miúdo protagonizadas pola figura humana e polos autorretratos irónicos. Algúns dos seus traballos constitúen unha reflexión sobre os diferentes aspectos da vida, como as series de debuxos e pasteis sobre a organización, a conduta ou os aspectos sexuais. Recuperou o antigo sistema de pintura ao fresco e sobresaíu nos traballos feitos en acuarela. Participou nas bienais de São Paulo (1975) e Venecia (1980) e na Documenta de Kassel (1982). O Guggenheim Bilbao Museoa acolleu no ano 2000 a súa primeira exposición retrospectiva.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Nápoles