Clementi, Muzio

Clementi, Muzio

Compositor. Iniciou os seus estudios musicais en Roma e en 1766 estableceuse en Inglaterra, onde destacou como instrumentista de teclado. Entre 1780 e 1785 actuou en Londres como solista en numerosos concertos e nos Grand Professional Concerts. En 1798 fundou unha fábrica de pianos e unha editorial de música, sen abandonar a composición e a docencia. Da súa produción destacan as sonatas para teclado, caracterizadas polo seu virtuosismo e rapidez. Foi autor da obra didáctica Introdution to the Art of Playing on the Piano Forte (Introdución á arte de tocar o pianoforte, 1801) e da colección Gradus ad Parnassum (1817, 1819 e 1826).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Roma

  • Deceso

    Lugar : Evesham, Worcestershire