Cleopatra VII
Raíña de Exipto, filla de Ptolomeo XII e Cleopatra VI. Gobernou Exipto desde o ano 51 a C xunto ao seu irmán e esposo, Ptolomeo XIII. Acusada de conspiración, marchou a Siria para atacar dende alí o goberno exipcio, feito que provocou a Guerra de Alexandría e a morte do seu esposo. Xulio César, que estaba no país, apoderouse da coroa, mais polas súas relacións amorosas con Cleopatra, cedeulla. Casou logo co seu irmán pequeno, Ptolomeo XIV, a quen asasinaría. No 48 a C marchou a Roma por orde de César, co fillo deste. Regresou a Exipto e aliouse con Marco Antonio con quen casou. No 35 a C foi proclamada Raíña de reis e recibiu do seu esposo Armenia, Calcídica, Chipre, Damasco, Fenicia e Arabia. Esta medida non gustou a Octavio Augusto e provocou a Batalla do Actium (31 a C), na que Marco Antonio e Cleopatra saíron derrotados; posteriormente, suicidáronse.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Alexandría -
Deceso