clepsidra

clepsidra

(< lat clepsydra < grκλεψύδρα)

s f [METROL]

Instrumento para medir o tempo, baseado nos diferentes niveis acadados pola auga contida nun recipiente ao pasar a outro a través dun pequeno furado. A lectura da hora faise nunha escala horaria uniforme que se fixa ao recipiente receptor. Este instrumento empregárono a partir do 1400 a C os exipcios, os babilonios e os chineses. Logo pasou a Grecia, ao Imperio Romano e a todo Occidente, onde se usou con algunhas modificacións ata o s XIII.

Palabras veciñas

Cleopatra V | Cleopatra VI | Cleopatra VII | clepsidra | Clepsidra | clepto- | cleptobiose