clinoenstatita
clinoenstatita
(
s
f
[MINERAL]
Silicato de magnesio, de fórmula MgSiO3. Cristaliza no sistema monoclínico. Moi a miúdo, o magnesio aparece substituído parcialmente por ferro e calcio. É un inosilicato, do grupo dos piroxenos. É practicamente descoñecida nas rochas terrestres, pero atopouse nalgúns meteoritos.