Clinton, William Jefferson

Clinton, William Jefferson

Avogado e político. Coñecido como Bill Clinton, foi elixido fiscal xeral de Arkansas en 1977 e gobernador xeral deste estado en 1979, cargo que volveu ocupar en 1983 e en 1987. En 1986 e 1987 foi presidente da Asociación Nacional de Gobernadores. Foi   candidato polo Partido Demócrata   á presidencia dos EE UU nas eleccións de novembro de 1992, nas que derrotou o presidente republicano George Bush. Foi reelixido no ano 1996. Nas eleccións lexislativas de 1994 para o Senado e a Cámara de Representantes, acadaron a maioría os republicanos, co que se formou un goberno atípico. Durante o seu mandato, o papel dos EE UU consolidouse económica e politicamente no ámbito internacional: promoveu o Tratado de Libre Comercio Norteamericano (NAFTA) entre EE UU, México e Canadá, puxo fin ao embargo comercial a Vietnam, involucrouse no proceso de paz en Oriente Medio e Irlanda do Norte. No seu país reorientou a política na defensa dos dereitos humanos e pechou os últimos exercicios cun espectacular superávit. A súa xestión quedou escurecida por un escándalo sexual, o caso Lewinsky, que se destapou durante o segundo mandato.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Hope, Arkansas