Clodio, san

Clodio, san

Mártir galaico orixinario do convento asturicence. Segundo a tradición, foi martirizado baixo Diocleciano xunto aos seus irmáns Lupercio e Victorino, fillos do centurión san Marcelo, e todos eles santos moi antigos no culto hispánico (s VI). Na iconografía adoita representarse acompañado dos seus irmáns, vestidos os tres con túnicas de mozos romanos; levan como atributos unha palma e a espada do martirio.