Clodoveo I

Clodoveo I

Rei de todos os francos (481-511). Sucedeu o seu pai, Khilderico I. Logo de vencer a Siagrio, o último representante do Imperio Romano na Galia (486), impúxose como rei único dos francos salios e, grazas á axuda que lles prestou aos francos ripuarios, atacados polos alamanos (496), estes tamén o elixiron rei (509). Converteuse ao cristianismo (496) e obtivo a influínte adhesión do episcopado, feito que significou a submisión dos galorromanos e que lle facilitou a loita contra os visigodos, aos que derrotou en Vouillé (507). Reuniu un concilio en Orléans (511) e mandou codificar a lei consuetudinaria dos francos salios (lex salica). Fixo de París o centro do seu reino, que abranguía case toda a Galia, agás Borgoña, Provenza e Septimania.

Cronoloxía

  • Deceso

    Lugar : París