clorose
clorose
(
-
s
f
[BOT]
Síntese deficiente da clorofila, especialmente patente nas follas pola súa cor amarela clara, debida ás alteracións metabólicas diversas e, especialmente, á carencia de ións nutritivos como o ferro, o nitrato, o calcio, etc, ou tamén pola falta de luz.
-
s
f
[PAT]
Anemia propia das adolescentes. Prodúcese por unha dieta pobre en ferro, que non lle pode proporcionar ao organismo a cantidade que precisa, tanto para o crecemento coma para compensar as perdas menstruais.